27 - Enero - 2008 19:03
Ao final o que non veña ao Forum Gastronómico Santiago’08 será porque non quere. Os prezos dos avións, comprando o billete cuns días de antelación, están tirados. Esta mesma semana Santiago-Madrid-Santiago me saleu por 77 euros. En coche pagaría arredor de 30 so en peaxes… súmenlle gasoil, rodas, aceite, etc. e verán a que prezo sae conducir.
O aloxamento arránxao Compostur, a central de reservas de turismo de Santiago, que ofrece dúas noites en hotel de catro estrelas, máis unha entrada ao Forum de fin de semana, máis percorrido nocturno guiado pola cidade incluíndo queimada por un total de 115 euros (Ive incluído). ¿Alguén da máis?.
Os interesados poden ver www.SantiagoReservas.com ou chamar ao 902 190 160.
Categoria: Xeral
25 - Enero - 2008 9:00
Inda que a súa presentación oficial se producirá o próximo 18 de febreiro no marco do Forum Gastronómico Santiago’08, o Código Cociña xa está na rede.
Código Cociña é un conxunto de cinco principios que os blogueiros gastronómicos que o subscribimos nos comprometemos a cumprir. Trátase, pois, dun código de autorregulación con cinco principios básicos que pretenden garantir ao lector a calidade da información que recibe.
A iniciativa xurdiu de Manolo Gago, que redactou o primeiro borrador sobre o que posteriormente fixemos achegas Soledad Felloza, Óscar Beiro, Jorge Guitián e eu mesmo. O mérito é de Gago, xa que pouco se podía aportar á súa redacción orixinal.
Calquera blog gastronómico pode subscribir o Código Cociña, tal como se explica na web do mesmo.
Categoria: Xeral
22 - Enero - 2008 7:57
A charla de onte en Pontevedra resultou ben interesante, así como a posterior charla arredor dun albariños con Moraimiña e Makeijan, compañeiros blogastrónomos que asistiron á mesma.
La Voz de Galicia, na súa edición de Pontevedra, e Diario de Pontevedra dan conta do falado en público. O privado xa é outro conto.
Categoria: Xeral
9 - Enero - 2008 17:25
Unha parte importante da humanidade pasa sede e nunca viu auga limpa como a que sae a diario polas billas das nosas casas. Outra parte pasa fame, tanta fame, tan negra, que chegan a morrer de fame. Esa é a realidade deste mundo no que somos uns privilexiados e comemos e bebemos a capricho.
Pero semella que todo ten un límite. Hoxe vin un deses casos: unha botella de auga mineral de tres cuartos de litro que custa preto de 100 euros. No Club del Goumert do Corte Inglés estavos agardando.
Todo o mérito do asunto parece residir no deseño da botella e no feito de que a etiqueta está realizada con cristais swaroski, cun deseño que lembra os tangas das stripers que saen nas películas norteamericanas. Ademais de mal gusto paréceme unha inmoralidade.
(Intencionadamente non hai foto nin enlaces)
Categoria: Xeral
21 - Diciembre - 2007 17:52
Pois semella que abrir restaurante en Santiago non está fácil nos tempos que corren. Nos últimos tempos dous cociñeiros de sona, Jaume García e Pedro Roca, andaban á busca dun local para establecerse por conta propia en Compostela, pero o primeiro xa desistiu do intento e hoxe mesmo, 21 de decembro, reabriu o Velis Nolis de A Estrada, que pechara despois do verán co obxectivo de abrir en Santiago a comezos de 2008.
A motivación de Jaume García para aproximarse a Santiago era clara e evidente: a meirande parte dos clientes do seu restaurante estradense chegan dende Compostela, así que o máis práctico era que o restaurante viñera a Santiago no canto de facer que os clientes se desprazaran á Estrada. Polo momento o intento foi fallido. (Ler mais …)
Categoria: Xeral
20 - Diciembre - 2007 10:19
Teño o gusto de presentarvos o última novidade editorial, “Hora de comer”, un conto infantil no que os protagonistas da colección, Sara e Branco de Cores, o cabalo da fonte das Praterías que cobra vida na imaxinación da nena, fan un percorrido gastronómico polas rúas de Compostela.
Coa presentación estelar da coella de trapo Mimía, chamada a converterse na estrela de futuras publicacións.
O conto está editado por Sotelo Blanco e debería estar nas librerías nestes días.
As preciosas ilustracións son de Andrés Meixide.
.
.
.
.
Categoria: Xeral
10 - Marzo - 2007 10:41
Hoxe debería estar eu por Asturias, comendo de primeiro fabes con xabaril, despois caldereta de cordeiro e de sobremesa a colineta de abelás de Teverga. Mágoa estar tan lonxe.
Categoria: Xeral
19 - Febrero - 2007 9:47
Cartel fotografado na Festa da Vincha, en Cerdedo, o 18 de febreiro de 2007.
Categoria: Xeral
16 - Febrero - 2007 19:57

Non lle farei eu a competencia a De pinchos, pero ante tremenda tapa e coa cámara na man ¿quen se resiste a contalo?.
Foi no Tivolino Piccolino (ver comentario) bar e restaurante italiano en Bertamiráns. Cun viño puxéronme esta “tapiña” de pan e bacon. Outras veces non poñen máis que patacas e olivas, iso si, moi ricas as segundas.
Categoria: Xeral
15 - Febrero - 2007 10:05
Jorge Guitián, capo do movemento blogogastronómico, e un servidor falamos onte, 14 de febreiro, San Mastercard, sobre o asunto na na Cadea Ser. Pódese escoitar a entrevista premendo no enlace.
Categoria: Xeral