Libros citados

Os libros que se citan como referencias dos textos de Álvaro Cunqueiro recollidos nesta páxina son novelas e libros de relatos publicados como tales polo escritor mindoniense, e tamén recopilacións dos seus artigos xornalísiticos, que os fan máis accesibles ao lector.

Merlín e familia. (1955). Dispoñible en galego en Editorial Galaxia. Tamén foi publicado en castelán en 1957.

As crónicas do Sochantre. (1956). Dispoñible en galego en Editorial Galaxia. Tamén foi publicado en castelán en 1959.

Os outros feirantes. (1979). Dispoñible en galego en Editorial Galaxia.

Teatro venatorio y coquinario gallego. (1958). Publicado en colaboración con Xosé María Castroviejo. Dispoñible en castelán en Ézaro Ediciones. De forma incompleta este libro foi editado en 1962 por Espasa-Calpe baixo o título “Viaje por los montes y chimeneas de Galicia”. O libro de Ézaro reproduce fielmente a edición orixinal.

Viajes y yantares por Galicia. Trátase dun libro recopilatorio de artigos periodísticos. Dispoñible en castelán en Alvarellos Editora. Recopila artigos publicados en Vida Gallega entre 1954 e 1963.

El pasajero en Galicia. (1989) Libro recopilatorio de artículos periodísticos editado por Tusquets. Disponible en la edición de 2002.

Viajes imaginarios y reales. (1986). Recopilatorio de artículos publicados en diarios y revistas. Editado por Tusquets

A cociña galega (1970). Cunqueiro fai un repaso a toda a cociña galega da época. Publicose en galego en Editorial Galaxia e posteriormente, con algúns cambios, formou parte do libro “La cocina gallega” (Editorial Everest) no que se incluíu unha sección de receitas de Araceli Filgueira Valverde e un estudo bibliográfico de Antonio Odriozola. Actualmente pode conseguirse, en castelán, en Editorial Galaxia

Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca (1972) Inicialmente publicado en castelán en Ediciones Destino. En maio de 1991 foi publicado en galego en Edicións Positivas

Tesouros novos e vellos. (1964). Texto do discurso de ingreso de Álvaro Cunqueiro na Real Academia Galega. Publicado por Editorial Galaxia

Viaje a Lugo (2011). Recopilación de artigos xornalísiticos sobre Lugo. Editorial Alvarellos

Xente de aquí e de acolá. (1971) Publicado por Editorial Galaxia.

De santos y milagros (2012). Recopilación de artículos periodísticos  siete cuentos. Edita: Fundación Banco de Santander.