Benvido

Benvido a esta Pequeña enciclopedia gastronómica Cunqueiriana na que poderás atopar información detallada sobre as citas culinarias na obra de Álvaro Cunqueiro. Interesame máis a obra non específicamente culinaria do autor mindoniense, polo que haberá multitude de referencias ás súas novelas, libros de relatos e artigos xornalísticos e non tantas a libros como A cociña galega, Teatro Venatorio y Coquinario Gallego e La cocina cristinana de occidente.

Si o desexas, ao pé da páxina poderás cambiar de idioma (galego ou español) e, dado que a versión en castelán é unha tradución do galego, agradecerei a comunicación de calquera problema na mesma no correo electrónico miguel [arroba] colineta [punto] com.

Tamén ao pé atoparás o buscador, categorías e unha nube de etiquetas que che facilitarán a navegación polo blog na procura daquelo que che interese.

Pido desculpas polos problemas de tradución da plantilla, que poden ocasionar a veces a aparición de palabras en inglés. Sei máis da obra de Cunqueiro que da estrutura dunha plantilla de wordpress…