Risotto de vaca

Los romanos se rindieron, y su comandante explicó que Fanto había surgido de la niebla, como fantasma de otoño, justo por donde los artilleros en vez de la caballería saboyana, esperaban el risotto de las doce, con tropiezos de vaca.

Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca

Pode que sexa esta a única vez que o risotto aparece na literatura de Cunqueiro, pero era inevitable nunha obra de temática italiana como a vida e fugas de Fanto Fantini, que trata sobre a vida deste condottiero italiano do que non resulta doado atopar información. Fagan unha busca en internet e atoparán que ata en Italia case a totalidade de referencias teñen que ver coa obra de Cunqueiro. Unha entrada na wikipedia sobre a orixe da familia Agostini é unha das poucas referencias que se poden atopar en webs italianas.

O risotto chega a Galicia nos últimos anos en que esta preparación italiana do arroz toma as cociñas españolas. O arroz, segundo Cunqueiro, non foi tido en conta en Galicia durante moito tempo máis que na preparación das papas de arroz, das que o mindoniense era fervoroso partidario. Pero iso é xa outra cuestión.


Deixa unha resposta