Torresnada con ovos

O sobriño de Melle pensou que traguería dúas iemas, i antoxóuselle de desaúno unha torreznada, e cando xa se engurraban os liscos no sartén, partíu o ovo nun prato pra batelo, i o ovo, por dedentro, estaba valeiro de crara e iema, e somentes gardaba un sobre, no que estaba escrito con letra de lápiz tinta –letra comprobada do finado Melle- ésto “Amañái la chimenea. Tu tío que lo es Victoriano Melle”

Escola de Menciñeiros

Este Victoriano Melle non era outro que Melle de Loboso, de quen fala Cunqueiro en Escola de menciñeiros. O home pedira ser enterrado con papel, sobres e lapis de tinta para mandar novas dende o alén. Dous anos despois do pasamento de Melle, un sobriño seu mercou na feira de Meira dúas galiñas, unha negra e outra do pescozo pelado, que ao día seguinte puxo un ovo longo e coa casca manchada, ovo que, como xa vimos, non serviu para facer a torresnada. Tampouco serviu a mensaxe para que o sobriño de Melle amañase a cheminea, que finalmente tirou un vendaval.

Tamén no Merlín e familia Álvaro Cunqueiro inclúe os torresmos con ovos, baixo a denominación de torrezna con ovos, cando fala de O paxe de Aviñón: “Iste señor enano, dixo un mociño que acolá estaba mui atente á historia da ratiña, tanto que deixou enfriar no plato unha torrezna con ovos..”.

Claro que as referencias literarias á torrezmada con ovos son moi anteriores a Cunqueiro. O propio Tirso de Molina, nun texto titulado Ventura te dé Dios, hijo pona xunto con albóndegas, coellos, galiñas, lombo, pombiños, mel e nata:

¿Qué pecados te han traído
a la muerte convidado?
De tu madre regalado,
en tu quinta entretenido,
levantándote a las once,
y aguardándote al hogar
el lomo para almozar,
no en asadores de bronce,
como los que usa la guerra;
la torreznada con huevos
o los pichones, que nuevos
apenas pisan la tierra.

Criado entre miel y natas
sin haber visto desnuda
una espada, ¿quién te muda

que ansí malograrte tratas?


Deixa unha resposta