Champán para paridas

Tamén usaba moito do calor para poñer estantes as flemas do fígado, i era mui mirado coas paridas, ás que recetaba champán”.

Escola de Menciñeiros

O menciñeiro Silva da Posta pasou en Bos Aires uns vinte anos, segundo nos conta Cunqueiro, e pode que fora na Arxentina onde coñeceu o champán e os seus usos terapéuticos para as paridas. Non indica o mindoniense cal era o efecto que o viño escumoso tiña nestas mulleres, pero quero pensar que incrementaba a cantidade de leite materno, motivo polo cal moitas veces en Galicia se deu ás paridas cervexa, que ademais era noutro tempo considerada como bebida dixestiva, polo que os banquetes remataban con frecuencia con ela.

Pode que o champán de Silva da Posta fose o Gulías, producido en Ourense, ou este champán Galicia de orixe incerto.

 


Deixa unha resposta