¿Colineta ou requeixo?

Un canónigo de Mondoñedo , hombre muy puntual y abundante en sus yantares, me dice qué prefiero de postre, si voy de convidado y me ofrecen o colineta o requesón. ‘Si voy de convidado –le contesto- me darán de las dos cosas’. ‘¡Ah! –me responde él-, entonces no hay dilema’. No, no hay para un apetito generoso. ¡Que Dios nos conserve a los gallegos!”

Cuando entra el otoño. Artículo publicado en Vida Gallega en noviembre de 1954. Recogido en Viajes y Yantares por Galicia

Colineta e requeixo, ou requesón como sempre escribe Cunqueiro seguindo a tradición da Mariña inda que legalmente requeixo e requesón son dous produtos moi diferentes, o primeiro elaborado con leite enteira de vaca, o segundo con soro dese leite sobrante da elaboración do queixo… ou ata do requeixo.

Fala Cunqueiro de dous produtos propios da Mariña luguesa, inda que non exclusivos. Pero de dous produtos que no tempo en que escrebe (1954) non podían faltar en ningunha mesa de festa da zona, fose o patrón o festexado, unha voda ou unha paparota entre amigos sen máis intención que desfrutar dos praceres da mesa e da boa compaña.

Centrémonos agora na colineta. Un doce de améndoas, ovos e azucre, cos que se compón un biscoito celmoso, esponxoso e con recendos e sabores que a todos namoran, inda que hoxe se atope en franco perigo de desaparición.

Xa non se fan hoxe colinetas como as de antano, que seguro eran as que comeu Cunqueiro en Mondoñedo e en toda a Mariña: cocidas en forno de leña que lle da ao doce un inimitable recendo afumado que os modernos fornos de gas, gasóleo ou eléctricos non poden ofrecer.

Non será está a única mención da colineta na obra do mindoniense, que tamén a leva ao Merlín e Familia e a outros artigos xornalísticos publicados en Vida Gallega.


Deixa unha resposta