Castañas cocidas con leite

Dende os sete ou oito anos tiña todas as noites o mesmo soño, salvo que houbese ceado castañas cocidas con leite fresco, que entón tiña outro. O seu primeiro soño consistía  en que aparecía a carón da sua cama un home con barba, o cal facíalle erguerse e levábao en coiros a voar con el por derriba de Sobrado. E cando Xosé Regueria iba máis feliz voando da man do home da barba, éste deixábao caír. E caía mesmo derriba da cama.

Os outros feirantes

A auxe da castaña na alimentación dos galegos é máis ben recente en termos históricos, datando dos últimos dous ou tres séculos. Nese tempo, os labregos galegos comeron as castañas principalmente cocidas, soas ou acompañadas con algunhas carnes (a comezos do século XX era popular a receita das castañas cocidas con chourizos) ou con leite, costume que perdura ata os nosos días: quitase a primeira pel das castañas e cócense en auga con sal. De seguido retirase a segunda pel e póñense nunha cunca, cubríndoas de leite frío e engadindo azucre se é o gusto.

Unha segunda maneira de facer as castañas con leite é a que indica Picadillo, baixo o título de castañas con leche:

Una vez mondadas las castañas, se raspa la película que las recubre hasta que desaparece, y se ponen a cocer con un poco de sal y otro poco de hinojo, y a media cocción se retiran del puchero y se escurren.

Se dejan transcurrir cinco minutos y se echan en leche, poniéndolas al fuego y dejándolas cocer hasta que estén relativamente blandas, en cuyo momento se retiran, echándolas con la leche en una fuente, en donde se dejan enfriar, sirviéndolas después”.

Tamén na Agenda culinaria para 1904 atopamos outra receita de castañas con leite que parece allea ós costumes galegos:

Preparadas las castañas como para hacer compota se deja reducir el almíbar; después se pasan las castañas por un cedazo de latón, comprimiéndolas para que vayan cayendo como fideos en la compotera o fuente honda, donde se habrá puesto un cuartillo de leche cocida muy caliente. Pasadas todas las castañas por el cedazo se calientan y espolvorean con canela, y una vez frío el manjar se sirve”.


One Comments

Deixa unha resposta