Unha proposta para patrón dos cociñeiros: San Xosé Cupertino

(…) Siempre me pareció, señores cazadores, que en el Nuevo Testamento faltaba una Epístola de Pablo, Juan o Pedro, Santiago o Mateo, a los cocineros y cocineras. Y se me puso en el magín suplir yo tal pliego, buscando boca santa en la que fuese muy propio el discurso y autorizado. Y di con San José Cupertino, el volador, que es tan sabido que estando en cocina , aduciendo los adobos, o en refectorio , poniendo plato, se iba literalmente nuestro santo al Cielo, solamente impedido por el techo y las asentadas vigas. Y por Ias reglas de Teodulfo, que no se cortaba ni delante de Carlomagno, le preparé un sermón floreado, para ser dicho, como por un casual, en tiempo de Ia porcina matanza. No os voy a fatigar con él, que ya veo venir Ias fuentes de ostras a Ia mesa y oigo descorchar del albariño, pero hay un punto que no me resigno a callar, y es el de Ia santidad de Ias grandes y famosas recetas.

Teatro venatorio y coquinario gallego

Xa debeu dar voltas Cunqueiro para dar con este santo, que non é patrón dos cociñeiros senón dos estudantes, pilotos, astronautas, aviadores e viaxeiros de avión.

E non sei se acertaría moito na elección o mindoniense, que polo que di P. Eliécer Sálesman no libro Vidas de Santos, ao de Cupertino acabaron prohibíndolle entrar no refectorio do convento cando estaban alí o resto dos frades, xa que, como di Cunqueiro, tiña unha natural tendencia á levitación, espectáculo que, imaxino, non consideraban propio do monacato. Ademais, contan que o santo nin comía carne nin bebía, conformándose as máis das veces con pan e auga.

Vaia, un exemplo pouco edificante para un cociñeiro.

Descoñezo quen é o patrón dos cociñeiros, inda que polo que se conta na rede pode que varios santos leven esa honra, como san Pascual, san Francisco Caracciolo, san Bieito de Palermo e, o máis repetido, san Lourenzo, que máis que patrón dos cociñeiros debería selo do cociñado.


Deixa unha resposta