Colineta

RABIOSOS

7 - Abril - 2008 6:23

Hai uns días atopei no Mercadona unha morea de molusco bivalvos que eu non coñecía e que se ofrecían como “Almeja almendrada” ao prezo de 2,95 euros o quilo. Decidín probalas e merquei media ducia.

Antes de saber máis sobre elas abrinas e probeinas. Cada unha ten un bicho de considerables proporción (vivas pesaban arredor de 50 gramos cada peza) inda que a cuncha é tamén moi gorda. O sabor lembroume ao dos berberechos, pero en basto, e a textura é bastante máis dura que a das ameixas ou os berberechos. Poden servir para un arroz, un guiso ou similar.

Previamente no supermercado buscara a etiqueta, onde se indicaba que se trata da Glycemiris glycemiris, que procedían do Atlántico Nordeste e máis abaixo dicía “produto de Galicia”. A dependenta aseguroume que eran galegas e que sempre se colleran aquí pero que “antes ían todas para fóra”. Tamén me dixo que as había en Holanda e en Bélxica.

Así que decidín recorrer aos expertos e busquei a dona Glycimeris na Guía dos Marisco de Galicia, de Rosa Ramonell (Editorial Galaxia), quen nos aclara que en Galicia o becho chámase rabioso, arola, ameixón, baboso e reloxito de altura. Tamén nos di que se atopa no Atlántico, dende Noruega ata Canarias, e no Mediterráneo.

Tamén aprendo que vive en zonas areosas, dende o litoral ata 100 metros de profundidade, polo que Rosa di que onde se atopan en Galicia e nas entradas das rías. O libro, publicado en 1985, di que “actualmente solo se consumen en conserva“.

Chámame a atención que por ningures aparece o nome de “Almeja almendrada” que lle atribúen no supermercado, ata que me fixo na denominación francesa: “amande de mer”, que me fai lembrar a pregunta que facía un día un coñecido meu, en castelán: ¿en que se parecen las almejas de la mar a las almejas de la mer?

Categoria: Artigos

Non hai comentarios

Non hai comentarios.

Escribir un comentario

XHTML: Podes usar estes tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>