POLO Á LIXIVIA
4 - Abril - 2008 12:58
A FDA (Food and Drugs Administratión) norteamericana é posta moitas veces como exemplo a seguir no control do que comemos, a súa composición e seguridade sanitaria e nutricional. Pero de cando en vez chegan novas sobre a produción de alimentos en Estados Unidos que a min me levan a pensar que a FDA é ao control alimentario o mesmo que Mortadelo e Filemón á CIA.
Hoxe leo en Consumaseguridad, portal do grupo Eroski, que os produtores europeos de carne de ave piden á Unión Europea que non levan a prohibición de importación de carne de ave norteamericana, xa que se trata con cloro para eliminar a contaminación por salmonella. Semella que non importa en que condicións se crían e sacrifican as aves se unha vez convertidas en carne se lles pode dar un bo baño de lixivia.
Quédame a dúbida de se a carne de ave á que fan referencia os produtores europeos se comercializa e consume dentro dos Estados Unidos ou vai destinada so á exportación.
Categoria: Artigos
- Añadir este post a
- Chuza -
- Del.icio.us -
- Meneame -
- Digg
Comentario de Gourmetdeprovincias
Realizado o Sábado, 5 de Abril do 2008 as 21:10
A lexislación alimentaria estadounidense é, polo xeral, moito máis indulxente que a europea, así que non me extrañaría que eles tamén a consuman ou ata lle dean unha dose extra de cloro.






