Rematou a primeira fin de semana dos obradoiros de cociña do programa “Santiago de Compostela. Repetirás” e, aínda que non son o máis indicado para facer balance, xa que me atopo metido na organización, penso que os dous primeiros obradoiros merecen, polo menos, un notable alto. Claro que estou aberto a calquera crítica. Houbo fallos que tentaremos corrixir en sucesivas edicións.

Comezou a temporada de cinco meses de talleres Héctor López chef e propietario do restaurante España, de Lugo, que contou cun axudante de luxo: Gonzalo Rey, do compostelán El Mercadito.

Héctor López cociñou catro pratos:

Salteado de cantarelas con moegas
Arroz cremoso con níscalos e ovo escalfado
Bacallau ao pil pil con boletos
Figos recheos de cantarelas

Tódolos pratos preparados polo cociñeiro foron probados polos asistentes, que enchían a sala. Non se cociñaron grandes cantidades, pero si suficientes para que todos puideran probar. Lee el resto de esta entrada »

Hai uns días agasalláronme cun curioso libriño: “El placer de los cócteles” de Alberto Briceño. Non as contei, pero nas súas case 500 páxinas hai máis de 200 receitas de cócteles de todo tipo, organizados como aperitivos, refrescantes, dixestivos, nutritivos, estimulantes, quentadores, ponches e virxes.

Como no son un experto na materia, non podo opinar sobre o seu contido.

Así que ¿cal é a causa de traer este libro ata este post?. Pois non é outra que o feito de que o libro é unha miniatura publicada por unha editorial peruana, Los Libros más Pequeños del Mundo”, especializada no asunto.

A fotografía está a tamaño real: 4,8 x 6,5 centímetros.

Segundo leo hoxe na Voz de Galicia, un estudo realizado por zoólogos da Universidade de Vigo demostra que non tódalas abellas galegas son iguais. Mentres nas provincias de A Coruña e Lugo proceden de razas europeas e posiblemente autóctonas de Galicia, as de Ourense e Pontevedra son descendentes de razas africanas.

¿Explica isto que o mel máis premiado nas Catas do Mel de Galicia é do Valadouro (Lugo)?.

Vaia día que levo hoxe!. Aparte do traballo intenso, atopei novidades que quero compartir con todos.

Hai uns días Colineta daba en primicia a nova de que Marqués de Vizhoja sacaba ao mercado as “Gotas del Marqués”, que a día de hoxe xa tiveron reflexo nunha boa parte da prensa galega e algúns blogs feitos en Madrid.

A iniciativa sorprendeume e pareceume orixinal, á marxe de que a presentación da mesma fora, na miña opinión, algo chapuceira. Pero miren por onde, hoxe abro “VS, el magazine del vino, la gastronomía y más” que cada mes recibo con El Progreso e atopo que hai outras iniciativas semellantes tan creativas polo menos como as gotas. Unha compañía austríaca, Wenger, saca ao mercado Go Wodka, en forma de tubo como o da pasta de dentes, cousa que me fai lembrar a miña infancia cando se vendía paté no mesmo envase.

Máis orixinal se cabe son os Torres Flavours, pequenos pulverizadores que conteñen Torres 5, Torres 10 e Moscatel Oro.

Sorpresas

O día tamén tivo sorpresa. Encartado nun xornal gratuíto chega ás miñas mans o folleto elaborado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Aínda non puiden lelo e non dubido de que será un folleto ben interesante, pero a portada do mesmo é ben pobre: semella que no mundo non existen máis que lepiotas. Lee el resto de esta entrada »

Chegados a estas datas, eu tiña que escribir aquí sobre cogomelos, como acostumo a facer tódolos outonos, lembrando as marabillosas sensacións que esas fantasmas dos bosques e os prados galegos levan ata as nosas mesas. E miren por onde, esa palabra que acabo de empregar, fantasmas, venlles mellor que nunca este ano de climatoloxía estraña, que trouxo as chuvias en xullo e agosto para despois agasallarnos con dous meses de sol e seca que están preocupando máis da conta a micólogos e cociñeiros.

Levo uns días falando con frecuencia con micólogos e afeccionados á recollida de cogomelos e todos son moi pesimistas sobre o que este outono se vai poder apañar, así que haberá que agardar que polo menos na primavera teñamos unhas mellores condicións, inda que por entón son moitos menos os que saen na súa busca.

Os cociñeiros tamén anda preocupados pola seca, pero seguramente menos que os afeccionados. Ao final, sempre aparece un provedor que subministre a cociña dos restaurantes que acostuman a introducir os cogomelos silvestre nas súas cartas, cousa que hoxe en Galicia é xa común pero que non hai moito era unha opción certamente arriscada, non polos perigos dos cogomelos tóxicos, senón pola escasa demanda que había. Lee el resto de esta entrada »

Hai uns días escribía, dende o punta de vista da gastronomía, un post sobre os que reinventan o idioma galego para diferencialo do castelán. Hoxe leo en El País un artigo de Suso de Toro (“Choiva” y galescolas) na misma liña. ¡E sen poñernos de acordo!

Héctor López e Gonzalo Rey darán a campanada de saída aos obradoiros de cociña organizados por Turismo de Santiago que se inclúen no programa “Santiago de Compostela. Repetirás”, que baseado na gastronomía se desenvolverá ata o 31 de marzo de 2008 con diversas actividades ademais dos devanditos obradoiros: excusións temáticas, menús especiais nos restaurantes adheridos á promoción…

O cociñeiro e propietario do restaurante España, de Lugo, ensinará a cociñar cogomelos a un máximo de 45 persoas o sábado 10 de novembro, mentres que Gonzalo Rey, do restaurante compostelán El Mercadito, o fará o domingo 11. Serán obradoiros de dúas horas de duración en cada caso, cun prezo por persoa de 10 euros. Pódese obter máis información no teléfono 902 190 160, sendo recomendable a reserva de plaza.

Na seguintes fins de semana os obradoiros de cociña con cogomelos serán dirixidos polos cociñeiros Pedro Roca, Jaume García, Miguel Silvarredonda e Daniel Punzoni

Doutra banda, a partir do 10 de novembro máis de 20 restaurantes composteláns adheridos ao programa ofrecerán menús especiais cociñados con cogomelos.

O programa “Santiago de Compostela. Repetirás” terá continuidade nos meses sucesivos con novos produtos, de maneira que en decembro chégalle a quenda ao polbo, en xaneiro ao marisco, en febreiro á cociña de Entroido e en marzo á lamprea, con participación dos mellores especialistas nos obradoiros de cociña que terán lugar os sábados e domingos.

Hai case un ano prometía dar novas do pastelón de lebre que tiña previsto e que ao final non foi, polo que no volveu haber novas. Pero co paso do tempo dito pastelón fíxose realidade e aquí, na fotografía, está a proba. Resultou moi rico (ademais ao meu amigo José Manuel saíulle un follado digno dun mestre coma el), pero non chega á exquisitez do de pichón, do que tamén teño falado. Haberá que probar máis veces cociñando a lebre de maneiras distintas por ver se mellora algo que xa de principio e bo.

Desta volta a lebre foi á cazola tal cal, sen ningún adobo e simplemente torada. Unha vez dourada agreguei algo de cebola, pouca que o pastelón faise ata sen ela, ao contrario das empanadas. Tamén puxen allo, pementa branca e viño tinto. Desta volta un tempranillo, crianza, da Mancha. Lee el resto de esta entrada »

Regreso de viaxe sen moitas gañas de darlle á tecla, pero neste 1 de novembro non quero deixar de lembrar eses doces tan tradicionais e tan nosos como son os ósos de santo e os buñuelos, que polo visto debería denominar chulas, pero para min as chulas son outra cousa.

Así que vou lembrar esas delicias enlazando o que escribía sobre elas hai xusto un ano.

E tamén vou tirar de enlace, neste caso cunha reportaxe que publiquei en Galicia Gastronómica, para explicar a presenza dun galego, Sebastián de Aparicio (natural da Gudiña) na xénese da festa dos mortos mexicana e nas súas caveiras de azucre.


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura