Esta é a portada do libro publicado polo concello de Ribadeo coas 39 receitas das tapas que participaron na segunda edición de “Ribadeo de Tapeo”.Eo que segue é o texto que eu publico en dito libro.

“Sobre a orixe das tapas circula unha curiosa historia que atribúe a súa creación a un taberneiro andaluz que, preocupado porque os vasos de viño se enchían de po comezou a servilos cunha lasca de xamón derriba.

Unha historia que non resiste o máis mínimo análise. Pensemos. Se o problema é que o po caía no viño sería porque na taberna había moito, moitísimo po. E so podía deberse a unha cousa: a falta total de limpeza no local. ¿E se ao taberneiro non lle preocupaba a limpeza do local qué demo lle ía preocupar a do viño?. Aparte de que sería máis fácil facer tapas de barro, recuperables, para os vasos ou cuncas, no canto de regalar xamón, que nunca foi barato. Descartada, pois, por absurda esta popular teoría sobre o invento das tapas ¿cal sería a súa orixe?.

Hai que indagar nos usos e costumes de séculos pasados sobre o consumo de viño para chegar a formular unha teoría mais crible que a anterior. Durante séculos, o consumo de viño era moi alto alí onde o había, xa que se inxería como alimento enerxético e, ademais, considerábase máis san que a auga, que adoitaba ter altos niveis de contaminación por materias fecais derivadas das filtracións dende pozos negros, cortes e balsas de xurros. Lee el resto de esta entrada »

Hoxe tocou xamón. Celebrábase en Lugo o I Concurso de Cortadores de Xamón Cidade de Lugo e aló fun impoñer respecto como parte do xurado do mesmo.

Doce cortadores das provincias de Lugo e A Coruña se enfrontaron a outros tantos xamóns galegos, elaborados pola firma lucense Torre de Ñúñez. Xamóns de porco branco pero dunha notabilísima calidade, que hoxe en Lugo me pareceu moito mellor que no concurso celebrado en xuño na Coruña, onde o xamón estaba algo salgado de máis. Lee el resto de esta entrada »

Pois aquí me tedes, recién iniciado na cata de queixos. Levo toda a vida dándolle a todo aquel que se me pon á man pero ata hoxe mesmo nunca me interesara pola cata regrada dos mesmos, tan científica como a de viños e co mesmo grado de subxectividade. Lee el resto de esta entrada »

Nunha recente visita A Rosal para coñecer as plantacións de mirabeles que alí ten Froitas do Rosal, preto de 20 hectáreas que en poucos anos estarán a producir arredor de 300.000 quilos de froita ao ano, nunha visita, dicía, coñecín estas mazás albariñas alí cultivadas. Lee el resto de esta entrada »


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura