Colineta

VIVE LA FRANCE

30 - Octubre - 2007 19:09

Vaia por adiantado a miña admiración por Francia, moi especialmente no culinario. Basta o carro de queixos antes da sobremesa para cativarme, por non falar de moitas outras cousas.

Pero unha cousa é que me guste Francia e outra que me pareza ben o que algúns, supoño que afrancesados, tentan facer co idioma galego.

Hoxe escoitei na radio o anuncio dunha cadea galega de supermercados que ofrecía, entre outras marabillas TON. Supuxen que se refería a ATÚN. (Ler mais …)

Comentarios (3)

Categoria: Artigos

OUTRA DE AMORODOS… SEGOVIANOS

29 - Octubre - 2007 19:02

ManojilloDesculpen se molesto. Hai quen me coñece pola afección a escribir unha e outra vez sobre os pementos de Padrón, que resultan non ser de Padrón senón da “variedade Padrón”, cousa que sempre nos ocultan.

Temo que xa van tamén a sinalarme coma o dos amorodos, que tamén dou a vara con eles.

O caso é que o venres volvín atopar amorodos no mercado (a pranta de amorodos silvestres que teño no xardín segue producindo), pero neste caso non eran galegos coma os da última vez, senón procedentes de Segovia.

Dúas diferenzas fundamentais entre uns e outros. Os galegos que merquei na Praza de Abastos de Santiago chegaron alí a granel, na cesta dunha desas mulleres que cada día levan a Compostela o froito das súas hortas: tres euros o quilo hai un par de semanas.

Os segovianos chegaron a min en barquetas de plástico de medio quilo, perfectamente envasados e etiquetados: tres euros e noventa céntimos o medio quilo, é dicir, máis do dobre.

Aquí seguimos a facer o parvo.

Comentarios (1)

Categoria: Artigos

¿A CACHOLA MÁIS CARA DO MUNDO?

27 - Octubre - 2007 16:57

Tal e como van as cousas, a incipiente produción de porco celta pode morrer… de éxito.

Nesta semana tiven dous contactos cos seus produtos e ningún me deixou satisfeito por completo, non porque o produto sexa malo, senón polo mal trato que lle dan os tendeiros e polos prezos que acada.

A primeira experiencia foi o xoves na Praza de Abastos de Compostela. A segunda o sábado nunha tenda de produtos de calidade de Bertamiráns. (Ler mais …)

Comentarios (3)

Categoria: Artigos

AS SÚAS GOTAS, SEÑOR MARQUÉS

25 - Octubre - 2007 6:56

Gotas del Marqués” é o novo produto da adega Marqués de Vizhoja, presentado onte á tardiña en Madrid, noticia que de momento non vin reflectida en ningún medio de comunicación. Presentar as cousas en Madrid ten o seu aquel: trátase dun mercado que multiplica por máis de dous ao galego, cun poder adquisitivo maior que o noso e que ademais permite un mellor acceso aos medios de comunicación estatais.

Claro que ás veces tódolos argumentos se veñen abaixo. (Ler mais …)

Comentarios (4)

Categoria: Artigos

ADEGAS GALEGAS

24 - Octubre - 2007 17:29

Con so doce anos de idade e malia non estar no top da popularidade, o Grupo Galiciano, cuxa matriz é Adegas Galegas (Don Pedro de Soutomaior, Veigadares, Gran Veigadares) destaca polo seu dinamismo e o interese en achegar a o mercado produtos cun selo propio moi definido, con moi ben dixo a súa cabeza visible, Pepe Rodríguez, na visita que realizamos á adega en compaña dun grupo de xornalistas vigueses. O obxectivo era presentar os datos da vendima 2007, pero houbo máis.

Despois dos discursos, explicacións e reparto de papeis, e tras unha rápida visita á adega, na que a estrela foi o filtro de mosto da segunda fotografía (alguén dixo “Se Adriá ve isto rápido inventa algo, unha lasaña”), pasamos ás palabras maiores, é dicir, unha degustación dalgúns dos caldos da adega. (Ler mais …)

Comentarios (2)

Categoria: Artigos

SANTIAGO DE COMPOSTELA, REPETIRÁS

23 - Octubre - 2007 7:44

Cogomelos, polbo, marisco e algas, cociña de Entroido e lamprea serán os eixos temáticos dos próximos cinco meses da campaña de desestacionalización turística de Santiago de Compostela, baixo o lema “Santiago de Compostela, repetirás”.

De novembro a marzo un máximo de 30 restaurantes composteláns ofrecerán menús temáticos sobre os cinco produtos indicados a razón de un por mes: os cogomelos en novembro, o polbo en decembro, os mariscos e as algas en xaneiro, a cociña de Entroido en febreiro e a lamprea en marzo.

Paralelamente nas fins de semana dos cinco meses haberá diversas actividades relacionadas con cada un dos produtos: talleres de cociña a cargo de cociñeiros galegos de primeira fila, excursións a zonas de produción do protagonista do mes, exposicións… que estarán abertas tanto ao público compostelán como ao procedente do resto de Galicia e de España, xa que hai ofertas especiais nunha trintena de hoteis, así como paquetes de voo máis hotel.

Comentarios (5)

Categoria: Artigos

NOVO NO MERCADO

22 - Octubre - 2007 12:19

“Tenemos chica nueva en la oficina” cantaba noutro tempo, penso, Marta Sánchez.

Pois iso, que temos “chica” nova no mundo dos blogs gastronómicos galegos: Elena Zulueta, directora da escola “Harina Blanca” de Vigo acaba de poñer na rede o seu novo proxecto: Matemáticas paladar y fogones.

Como ben di Elena no seu primeiro post, algo temos que ver neste nacemento tres blogastrónomos (La Caja de los HilosDiario del Gourmet de Provincia y del Perro Gastrónomo, e Colineta), e un blogueiro madrileño (Los sabores de Ligasalsas).

Parabéns pola nova criatura.

Comentarios (1)

Categoria: Artigos

MARCAS DE CALIDADE PARA O MAR GALEGO

22 - Octubre - 2007 8:57

Prepárense a atopar na súa peixería dúas marcas de calidade que identificarán os produtos galegos do mar e que nestes días andan a ser presentadas nas diferentes feiras da pesca e gastronómicas que teñen lugar por Galicia adiante: “PescadeRias” e “Polbo das Rías”, a primeira impulsada directamente pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia e a segunda dependente da Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu, con apoio da administración autonómica.

Non veñen mal ambas iniciativas, e máis nun sector coma o do peixe no que a fraude está á orde do día por mor dos poucos controis que se realizan e a dificultade engadida de que se trata de produtos que se venden maioritariamente a granel. Sen dúbida o dos produtos do mar é o sector máis primitivo do mundo da alimentación: o home abandonou hai séculos a recolección e a caza como fornecedores fundamentais da súa alimentación, pero segue a ser pescador. (Ler mais …)

Comentarios (1)

Categoria: Artigos

TEMOS QUE MELLORAR

20 - Octubre - 2007 15:43

Por fin a gastronomía comeza a ser considerada polos galegos, refírome aos empresarios e institucións da terra, como un dos principais reclamos turísticos que aquí temos. Nin un so visitante que chegue a Galicia marcha da nosa terra sen dicir aquilo tan socorrido de “que ben se come aquí”.

O curioso e que o din incluso nos casos en que realmente comeron mal, inda que eles mesmos non o saiban. Por que o certo é que unha parte da nosa “industria” gastronómica, especialmente nas zonas máis turísticas, non ten o menor reparo en “sablear” ao turista sen pensar no mal que lle poden facer ao país. Son verdadeiros oportunistas que so buscan diñeiro rápido… os que lle cortan o pescozo á galiña dos ovos de ouro.

Afortunadamente, comezan a ser cada vez máis comúns iniciativas doutro tipo, como as dúas que se desenvolven nesta días ligadas ao turismo rural: “Outono gastronómico en turismo rural” e “Cómete o viño”. (Ler mais …)

Escribir comentario

Categoria: Artigos

AMORODOS DE VERÁN… E DE OUTONO

11 - Octubre - 2007 17:58

Hoxe atopei uns estupendos amorodos na Praza de Abastos de Compostela. Naturalmente galegos. E lembrei que o ano pasado xa escribira sobre a temporada desta froita no noso país, pero o buscador de Colineta so me devolvía un post sobre amorodos belgas, así que busquei no disco duro do ordenador e, naturalmente, atopei o que buscaba. Un artigo publicado en agosto de 2006 na miña sección semanal de El Progreso (lamentablemente a miña colaboración non está on line), que reproduzo de seguido. (Ler mais …)

Comentarios (1)

Categoria: Artigos