30 - Agosto - 2007 10:16
Estou cabreado, así que ninguén agarde moitas risas. Vexo no telexornal e nos xornais que un ano máis se celebra a tomatina na que 40.000 persoas lanzan uns contra outros 150.000 quilos de tomates que finalmente acabarán nos vertedoiros e nos sumidoiros. Pregúntome que pensarán os inmigrantes africanos que recollen eses tomates ante tanto froito estragado por diversión. (Ler mais …)
Categoria: Artigos
27 - Agosto - 2007 15:04
Dicía hai uns días en Galicia Gastronómica o cociñeiro asturiano radicado en Estados Unidos José Andrés, que os norteamericanos saben da cociña galega e española tanto como nos sabemos da súa: case nada.
Boa proba de que non erraba os asturiano está no New York Times do domingo 26 de agosto, no que recomendan viaxar á esquina verde e tranquila de España. En Compostela recomendan tres restaurantes: O Dezaseis, Toñi Vicente e Don Gaiferos.
Segundo NYT os dous segundos ofrecen cociña española/portuguesa.
Categoria: Artigos
21 - Agosto - 2007 14:56
Requeixo da Capela (esquerda) e das Neves (dereita)
O próximo domingo A Capela, moi preto de Pontedeume, celebra a décimo novena edición da Festa do Requeixo, o quinto queixo de Galicia por moito que algúns, máis preocupados do BOE que da realidade, queiran facer del outra cousa. O problema é lingüístico e absurdo.
Alguén quixo un día traducir “requeixo” ao castelán e saíulle “requesón”. E fodeuna. Non sei porque en castelán non se pode dicir “requeixo” e si “mozzarella”, ou “gongonzola”, “maasdamer” e ata “ratatouille”. (Ler mais …)
Categoria: Artigos
14 - Agosto - 2007 9:44
Hai tempo que anda a foto polo meu escrito pero sempre aparecía nun momento en que non podía publicala. Hoxe si vai.
Foi a comezos de verán que tiña unhas cereixas de Chantada, das que alí chaman “da onza” e no Valadouro “blancás”, que para min son unha das variedades máis deliciosas que hai desta froita, por moito que a pinta exterior non sexa moi boa, xa que se trata de cereixas que teñen un lado vermello e outro branco (de onde ven o nome) que lles fai parecer que non están maduras. O sabor é delicioso e unha vez cociñadas son unha explosión de sabor na boca. Quen sempre se teña preguntado de onde ven o sabor que teñen os xeados de cereixas que probe a cociñar unhas blancás e dará con el de inmediato. (Ler mais …)
Categoria: Artigos