30 - Marzo - 2007 23:16
Cumbres borrascosas é o título da foto gañadora do I Concurso World Xantanza Photo na sección gastronómica.
Despois da fase de clasificación na que os votos dos blogogastrónomos decidiron os finalistas, a elección final correspondeu a Pepe Solla, que cociñou as trufas que aparecen retratadas entre unha colina de merengue (primeiro plano) e unha montaña de pano de mesa (ao fondo). (Ler mais …)
Categoria: Artigos
29 - Marzo - 2007 16:20
“Que raros son os franceses que din ‘pain’ e ‘fromage’ cando ven se ve que é pan e queixo”. O chiste é vello, pero ven aquí ao pelo, porque ás fabas que ilustran o post de Toñi Vicente véselles de lonxe que son fabas e non outra cousa.
O conto é que a miña admirada Toñi Vicente ten blog na páxina de Yodona, esa revista que edita El Mundo, e na que esta semana prepara, ao seu modo, unha fabada empregando “fabes de Lourenzá”. (Ler mais …)
Categoria: Artigos
27 - Marzo - 2007 15:21
O amigo Makeijan tenta picarme falando de libros e consigue que eu traia aquí este libro integrante da Gran Biblioteca Temática de Galicia, publicada a comezos de ano por La Voz de Galicia e integrada por quince volumes nos que, de forma lixeira, se nos explican os usos es costumes galegos dun pasado recente, con algunhas referencias, poucas, á situación actual. (Ler mais …)
Categoria: Artigos
25 - Marzo - 2007 9:01
Houbo un tempo en que as bateas non so daban mexillóns…
Categoria: Artigos
23 - Marzo - 2007 10:27
Tradicionalmente, cada 2 de febreiro e 25 de marzo Ferreira do Valadouro vivía o seu mercado anual, que se sumaban aos mercados semanais que teñen lugar na maña de cada sábado.
Os tempos modernos acabaron cos mercados anuais, que agora se recuperan grazas a Asociación Deportivo Cultural Valadouro. (Ler mais …)
Categoria: Artigos
20 - Marzo - 2007 15:55

Que o chocolate ten un gran atractivo para maiores e pequenos non o dúbida ninguén, pero ás veces semella que, ao mellor, hai algo máis detrás da propia argallada doce.
Cando era eu neno o que todos queríamos eran aqueles pitillos de chocolate que se presentaban nun paquete que imitaba o do tabaco que fumaban os nosos pais.
Agora vai a cousa polos teléfonos móbiles, polo que se ve na foto que está sacada do folleto dun hipermercado que chegou hoxe mesmo á miña casa.
Lamentablemente, o chocolate con que se fan estas e outras argalladas similares acostuma ser de baixísima calidade.
Categoria: Artigos
18 - Marzo - 2007 9:16

¿Apetitosos, non?. Pois coma o pan so, que os queixos son puro cartón pedra. A foto está feita no espazo da Consellería de Medio Rural en Xantar, pero podería ser de calquera outra feira das que participa a consellería.
Paréceme certamente perralleiro expoñer queixos de cartón no caso de facelo con queixos auténticos porque, ademais, están á man de calquera que queira tocalos e darse conta do engano, infantil e inútil.
Non se pode vender calidade e excelencia con queixos de cartón.
Categoria: Artigos
17 - Marzo - 2007 18:29
Despois de varios anos, onte levanteille o veto a Casa Rosalía, en Brión, imposto hai tempo despois de varias experiencias negativas. Cambiei de idea despois de recibir varias indicacións, de xentes de confianza, sobre a transformación operada na cociña do restaurante e, dado que o teño a un tiro de pedra da miña casa, decidín probar. Lamento comunicar aquí que o veto segue en pe despois da nova experiencia. Non sei eu se o problema está en que elixo mal, pero semella que nesta casa no meu prato sempre acaba o peor. (Ler mais …)
Categoria: Artigos
15 - Marzo - 2007 8:20
“Lampreas a des euros, lampreas a des euros” pregoaba a súa mercancía ao pe do espolón de Padrón.
Cando me veu como cámara na man rápido deixou a lamprea que estaba a mostrar e colleu outra dun saco para saír máis airoso na foto. A que amosa agora ofrécea por 15 euros.
Dime Eduardo, que semella coñecelo todo sobre este peixe, que é mellor mercalas vivas (as deste home estaban todas mortas) e que os tonos vermellos delatan que proceden dalgún pesco onde a forza da auga e tan tremenda que as maza demasiado.
Sen dúbida estoutras teñen mellor pinta. Fotografeinas o día anterior, vivas, acabadas de sacar da auga. Pódese apreciar que no seu afán de apegarse coa boca a algo válelles ata outra lamprea.
Categoria: Artigos
10 - Marzo - 2007 10:41
Hoxe debería estar eu por Asturias, comendo de primeiro fabes con xabaril, despois caldereta de cordeiro e de sobremesa a colineta de abelás de Teverga. Mágoa estar tan lonxe.
Categoria: Xeral