Colineta

24 INTENSAS HORAS DE FORUM GASTRONÓMICO

24 - Febrero - 2007 20:03

Que o Forum Gastronomic de Xirona é un dos principais eventos gastronómicos españois, xunto con Madrid Fusión e Lo Mejor de la Gastronomía ninguén o pon en dúbida, pero pasar alí 24 horas pode resultar certamente esgotador.

Acompañando á delegación compostelá que presentou e Xirona o Forum Gastronómico Santiago 08, cheguei ás portas do Forum catalán pasadas as seis da tarde do martes de Antroido para entrar sen agardar máis nunha sesión maxistral de Carme Ruscalleda, que explicaba unha receita de sopa na que, en opinión da cociñeira, a auga tomaba un protagonismo especial. Como chegamos coa sesión comezada e tiñamos pouco tempo para a cantidade de cousas que queríamos ver, deixamos a Carme Ruscalleda coa súa sopa para entrar en cuestión de minutos nunha desas actividades pouco habituais nunha feira gastronómica, pero que se agradecen enormemente.

(Ler mais …)

Comentarios (3)

Categoria: Artigos

SEN COMENTARIOS

19 - Febrero - 2007 9:47

Cartel fotografado na Festa da Vincha, en Cerdedo, o 18 de febreiro de 2007.

Comentarios (8)

Categoria: Xeral

TAPIÑA

16 - Febrero - 2007 19:57

Non lle farei eu a competencia a De pinchos, pero ante tremenda tapa e coa cámara na man ¿quen se resiste a contalo?.

Foi no Tivolino Piccolino (ver comentario) bar e restaurante italiano en Bertamiráns. Cun viño puxéronme esta “tapiña” de pan e bacon. Outras veces non poñen máis que patacas e olivas, iso si, moi ricas as segundas.

Comentarios (4)

Categoria: Xeral

ENTREVISTA NA CADENA SER

15 - Febrero - 2007 10:05

Jorge Guitián, capo do movemento blogogastronómico, e un servidor falamos onte, 14 de febreiro, San Mastercard, sobre o asunto na na Cadea Ser. Pódese escoitar a entrevista premendo no enlace.

Escribir comentario

Categoria: Xeral

CASA SOLLA: CRÓNICA DUN COMIDA EXPLÉNDIDA

14 - Febrero - 2007 14:48

É hora do aperitivo. Pode ser o peor momento para escribir de comida ou pode que a fame estimule as neuronas. Imos a ver.

A expectación blogogastronomica sobre o que nos ía deparar a visita a Casa Solla era moi alta, como o foi na primeira Xantanza, pero agora había algo novo no ambiente que, se cadra, causa aínda máis excitación: a empatía entre o cociñeiro e o movemento blogogastronómico.

Xa na época en que se votaba sobre o lugar para a primeira Xantanza Pepe Solla amosou o seu interese por acollernos na súa casa, interese que foi cada vez a máis. O blogogastrónomos tamén queríamos ir alí e a demostración foi que Solla gaño as votacións. (Ler mais …)

Comentarios (3)

Categoria: Artigos

A HISTORIA DOS BLOGOGASTRÓNOMOS E A GRAN XANTANZA EN CAS SOLLA

13 - Febrero - 2007 18:08

Cantar de cego (ou dun que se puxo cego)

Miren señores que historia
dunha comida en cas Solla
onde deron lumbrigante
e vieira “con cebolla”

Foi no concello de Poio,
provincia de Pontevedra,
onde todos nos xuntamos
a comer unha costela (Ler mais …)

Comentarios (2)

Categoria: Artigos

A PRÓXIMA, NO FOGAR DO SANTISO

11 - Febrero - 2007 20:31

Crónica social da II Xantanza de Blogogastrónomos Galegos en Casa Solla

Saíndo de Casa Solla ao remate da II Xantanza de Blogogastrónomos Galegos, entre ¡¡¡ohsss!!! de admiración e cun pouco de fina retranca alguén lanzou unha proposta: a próxima edición no Fogar do Santiso. Quería o autor da mesma expresar que ía ser moi difícil superar o vivido e que para volver a subir aos pazos era mellor baixar antes aos cortellos que, en definitiva, foi o dito fogar nalgún momento.

(Ler mais …)

Comentarios (6)

Categoria: Artigos

Mixtura gallega

11 - Febrero - 2007 10:51

Receita en verso da “mixtuga gallega” inlcuída en La Cocina Práctica, máis coñecido coma o “Picadillo”, da Manuel María Puga y Parga, publicado en 1905.

- ¿Ti que fás, Marica?

- Fago unha mixtura.

- Ay que ricas cousas
ti tes eiquí

- Todo che é dulzura.

- Ay, eso si. (Ler mais …)

Escribir comentario

Categoria: Poesía

PICADILLO A LA HABANERA

1 - Febrero - 2007 20:03

Xa escribín no seu momento sobre o picadillo a la habanera, así que desta volta so quero amosar o que comín onte.

Comentarios (2)

Categoria: Artigos