Mediado agosto tivo lugar a cuarta edición do Día do Mariscal, no que a asociación O Mundo de Galea, integrada por xentes de O Valadouro, Alfoz, Foz, Mondoñedo e Lourenzá, lembra a figura de Pedro Pardo de Cela aos pes mesmo do castelo do Castro, antano propiedade do Mariscal.

Arredor desta figura histórica o Mundo de Galea está a promover diversos eventos, que van dende a publicación de libros (este ano foi “A noite dos cabaleiros”, de Manuel Lourenzo, con ilustracións de Reimundo Patiño) ata a promoción da ruta do Mariscal (www.pardodecela.com). A gastronomía tamén ten cabida no Mundo de Galea, case diría que destacada, xa que os seus integrantes defínense a si mesmos como xente unida pola amizade, a figura do Mariscal e o gusto pola gastronomía.

Así que hai xa un tempo que de O Mundo de Galea saíu a idea do Antoxo do Mariscal, un biscoito de noces, con aromas de canela e augardente, que ten moitos partidarios pola zona… e algún detractor, que o considera demasiado seco.

O interese gastronómico do Mundo de Galea centrouse este ano na busca dun menú para o Día do Mariscal, que sempre se celebra o 14 de agosto, que xuntara algúns dos elementos que podían estar na cociña dos señores feudais de Galicia, pero adaptados aos modos actuais de comer.

Sobre a cociña medieval case non sabemos nada. O que nos presenta o cine (grandes asados de todo bicho vivinte) ten máis de fantasía que de realidade. No século XV o Marqués de Villena escrebe o seu libro “Arte cisoria” no que explica cómo se deben cortar os alimentos para presentalos nas mesas dos señores. Fala de carnes, peixes, mariscos, verduras, froitas e todo o que poidamos imaxinar, pero non explica como cortar eses grandes asados do cine, que parecen pertencer á imaxinación dos guionistas.

Os asistentes á comida do Día do Mariscal, na Finca Galea, puideron este ano degustar a cecina de cabalo, una animal presente nos montes galegos dende antes da nosa era e que, sen dúbida, nalgún momento debeu ter máis aproveitamento que o actual. Seguiulle un congro, curado como sería na época de Pardo de Cela, en que o sal e o sol eran ós únicos métodos de conservación do peixe. Cociñouse o congro cunha “salsa verde” de cebola, allo e perexil, xunto con chícharos e nabos, documentado como está o seu cultivo en Galicia dende tempos moi remotos. Despois chegou á mesa un dos grandes pratos da cociña da Mariña lucense: o pastelón, que xa aparece citado nos primeiros libros de cociña publicados en España.

Claro que non era un pastelón calquera. Hoxe na Mariña o máis común é o pastelón de bonito, inda que tamén se poden ver algúns de polo e ata de xamón e queixo, que tampouco son mancos.

Pero para o Menú do Mariscal o pastelón era de pichóns. Unha especialidade que tivo moita sona en toda a Mariña ata a segunda metade do século XX en que, pouco a pouco, desapareceu do panorama culinario. O mesmo Cunqueiro dicía preferir o pastelón de pichón a calquera outro, mesmo o de salmón, que cada ano probaba na casa parterna por convite do bispo de Mondoñedo.

Para rematar a comida, o xa citado Antoxo do Mariscal, mollado cunha copa de viño doce que fai desaparecer a súa sequidade, e acompañado dun espléndido requeixo, outro dos grandes mitos da cociña mariñán. Despois, os asistente puideron probar outra novidade: o “Beberaxe do señor da Frouseira”, un licor de loureiro macerado en barrica e preparado por unha socia do Mundo de Galea.

Todo un menú digno da mesa de Don Pedro.

Dando voltas pola rede atopo un novo cóctel cubano que, curiosamente, inda non chegou a nos: o Fidel Castro.Primeiro sentín incredulidade que se transformou en sorpresa cando me atopei con que o enlace correspondía a unha páxina de Noruega (o cóctel aparece dúas veces) e despois atopaba outra sueca, e outras tres punto com, das que non fixen nada por coñecer a súa orixe xeográfica. Todas publican a receita do Fidel Castro que en esencia consiste en mesturar non vaso de tubo unhas pingas de zume de limón, un chupito de ron, pedras de xeo e ginger ale.

Resulta que a receita era moi popular en Cuba a mediados do século pasado, pero co nome de Jaibol que ven do inglés high ball, que serve para designar aos vasos altos.

O Jaibol debeu ser moi popular en toda Sudamérica, inda que referido á mestura de wisky con ginger ale. Francisco Báez lembra en etcéter@ o anuncio de Canada Dry, supoño que na radio mexicana, que tiña a letra que segue e a música de “jingle bell”:

Ginger Ale, Ginger Ale
Para su jaibol,
Ginger Ale, Ginger Ale
Siempre lo mejor.

Para disfrutar las fiestas
Tenga siempre Ginger Ale
Guarde siempre en su despensa
Su Canada Dry Ginger Ale

Ginger Ale, Ginger Ale
Para su jaibol
Ginger Ale, Ginger Ale
Siempre lo mejor.

Por se alguén quere ver en directo as receitas do Fidel Castro - Jaibol estes son os enlaces:

1001 Cocktails

Drinksmixer

Drinkswap

Birramex

Apéritif (1)

Apéritif (2)

Si Cunqueiro levantara a cabeza, a labaza que algúns de Mondoñedo ían levar había ser monumental, e non sen razón, que non se pode andar por aí estragando os símbolos de todo un pobo sen facer fronte ás consecuencias.

Resulta que As San Lucas, as grandes festas de Mondoñedo das que tantas veces escribiu o mestre Cunqueiro, sempre con admiración e reverencia cara unha festa que se remonta séculos no tempo, resulta, dicía, que están a piques de cumprir os 850 anos, ¡aí é nada!.

E en Mondoñedo ocorréselles, moi ben ocorrido, que é unha boa oportunidade para sacar ao mercado unhas botellas de viño embotellado especialmente para a ocasión.

Todo moi ben ata que o Alcalde, un concelleiro e a presidenta da comisión de festas convocan acto de presentación de ditas botellas. A sorpresa non pode ser máis grande nin máis desafortunada: os viños elixidos para tal fin son da Rioxa, segundo informa El Progreso. Un crianza Ederra e un reserva Marqués de Pombal. Como se en Galicia non houbera viños e dos mellores.

Eu, que pasei unha pequena parte da miña vida en Mondoñedo como estudante de bacharelato, e que quero a esa vila e a esas San Lucas como se foran as propias, síntome neste momento certamente desacougado. Igual, chegado o mes de outubro, no canto de ir comer o polbo cabo da igrexa dos Remedios tiro cara Pamplona, coller sitio para os San Fermíns. Total, tamén son festas.

Semella que a “canción do verán” e as festas gastronómicas van en Galicia da man. Dende que se inventou a primeira non deixan de aparecer cada días máis das segundas na nosa terra. Por algo será.

Ao principio a canción do verán falounos do raio de sol (oh, oh, oh) e do biquini de pel de María Isabel (¿ou era de raias e de pel a maleta?). Pero non tardaron nada en descubrir que no verán o tema culinario ten máis forza que nunca.

E aí temos a Palito Ortega con aquilo da “chevecha” que se sube á cabeza “anda chava, chube, chive otro vacho de chevecha”. ¿Tas bébedo Palito?.

Pouco despois chegou “Llorlli” Dan (¿cómo demos se escrebe?) e trouxonos a “barbacoa” e o “chiringuito”, onde as mozas se poñían coma tolas cando probaban as sardiñas. Este gran cantautor chegou incluso a meter nas súas cancións publicidade subliminal. ¿Qué, senon, é aquela canción que nos convidaba a bailar o bimbó, bimbó, que está causando sensación?.

Non sei se as Ketchup non farían tamén publicidade subliminal, inda que difícil de entender. E despois chegou aquela da “maioooneeesaaaa” e o “bate que bate… el chocolate”.

En fin, que a canción do verán se está a transformar en puro comercio… e bebercio.

Agora van Vieiros e a Radio Galega e montan o gran concurso da canción de verán galega, o “A polo Ghit”. De primeiro e destacado nas votacións populares vai Markinhos Drinkin, cun tema titulado “O iogur de fresa” que, coitadiño, vive namorado dunhas natillas ás que non sabe como entrarlles e pide consello a un vaso de leite con “nescuí”.

¿Alguén dúbida de que o verdadeiramente importante é a comida?

DEL FELIZ AGOSTO, Y DE LOS ONCE PLATOS QUE SE COMEN EN BEIRAL POR LA ASUNCIÓN DE NUESTRA SEÑORA. (1956)
Álvaro Cunqueiro
En “Viajes y Yantares por Galicia”

…. “Es de rigor, y formando para lo que llaman aperitivos, ‘antipasto’ o entremeses, ofrecer la trucha escabechada, el lacón trufado y los medallones de queso cabrales; sopa y cocido, que se descompone en más de un cerdo, y añade media gallina por barba, y peldaño a peldaño, pasamos por la merluza y el pastelón de anguilas, para caer en los pichones rebozados con bechamel y en la gallina en pepitoria, tras la cual, en la parada, van el cordero asado, la carne al rollo, el gran pastelón de pollo, el arroz con leche, requesón, la tarta de Mondoñedo y la colineta. Las siete de la tarde son cuando alguien, porque no diga que se remilga en mesa tan generosa, parte la colineta.”

DE LOS FRUTOS DEL VERANO Y OTROS AVISOS (1955)
Álvaro Cunqueiro
En “Viajes y Yantares por Galicia”

…”Un asado de cebón es, por antonomasia, el asado, y si habeis puesto de entrada un reo a la parilla y exigís para postre una colineta, habeis hecho la comida que conviene antes de que vengan las calores.”


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura