Colineta

¿CANTAS UVAS HAI QUE MERCAR?

31 - Diciembre - 2005 10:14

¿Sabe alguén cómo calcular a cantidade de uvas que hai que mercar para o fin de ano segundo o número de persoas que estarán presentes? Hoxe cheguei á conclusión de que o máis seguro é pedir consello a quen nolas venda, indicando o número de ducias que precisamos. Despois mercar a metade do que nos digan. Aínda sobrarán uvas.

Escribir comentario

Categoria: Artigos

SOPAS DE ALLO NA MADRUGADA

31 - Diciembre - 2005 10:12

Os xornais levan días cheos de anuncios de ceas e festas de fin de ano, con menús do máis diverso, bailes, cotillóns, barras libres… e chocolate con churros.

Afortunadamente aínda quedan sitio onde conservan o vello costume de servir de madrugada sopas de allo para entonar o estómago. Despois dunha noite de farra non hai nada mellor que unha cunca delas para entonar o corpo e dispoñelo para o descanso. Pola contra, a pelexa do chocolate cos churros na nosa barriga vainos facer imposible un sono tranquilo e placenteiro.

Escribir comentario

Categoria: Artigos

POLBO Á FEIRA DE ALTA COCIÑA

30 - Diciembre - 2005 10:11

Marcelo Tejedor, cociñeiro galego de alta escola con casa de comidas aberta en Compostela, di hoxe en La Voz de Galicia que o polbo á feira si que é alta cociña.Miren por onde, un cociñeiro innovador coma Marcelo, reforza con poucas palabras a idea que sempre transmite a xente do seu grupo de que buscan innovar partindo da base da cociña tradicional galega, tan rica ela.

Certamente, a nosa cociña tradicional galega ofrece pratos que son verdadeiras obras de arte, alta cociña popular, lamentablemente esquecidas non so polos cociñeiros profesionais senón pola meirande parte dos cidadáns. Precisamos do labor de alguén que recupere esa memoria, que ás veces xa so está nos libros, e a adapte aos tempos actuais. Seguro que a cociña galega actual gañaría moitos puntos no panorama gastronómico internacional.

Escribir comentario

Categoria: Artigos

COLINETA TAMÉN É UN TANGO

26 - Diciembre - 2005 10:10

Colineta tamén é un tango. Esta é a letra do mesmo.Letra: O. Rassano
Música: Juan M. Velich

COLINETA

¡Pucha cómo estás mareada!
porque a un mishe te ligaste,
hasta tu nombre cambiaste
y te olvidaste de mí.
Hoy, al verte así, ataviada,
te crees bacana muy fina,
sin advertir, pobre mina,
lo que baten por ahí:
Colineta; bien dotada de lirismo
que la embarra el chamuyar.
Colineta; no confíes en tu optimismo
porque al fin vas a llorar.
colineta; cara dura y presumida,
no sos más que una engrupida
que le da por fantasear.
Te crees Venus Cyterea,
y te reís de los pobres,
sin comprender que en los cobres
toda la dicha no está.
Pianta del mate esa idea.
Total, te cuesta tan poco,
pasate un peine en el coco
y ya nunca se dirá: ¡Colineta!

Escribir comentario

Categoria: Artigos

CAPÓN DE BALDE EN VILALBA

23 - Diciembre - 2005 12:04

Mañá, 21 de decembro, a cita está en Vilalba, na Feira do Capón.Ademais da posibilidade de mercar unha boa parella para a cea de Noiteboa ou a comida de Nadal, pódese probar o capón de balde nos 35 bares da localidade que o van ofrecer aos seus clientes. A bebida págase.O concello doará 35 capóns a eses locais, prevíndose que se sirvan unhas mil racións do mesmo. Os bares que o pidan recibirán os capóns en fresco para asalos segundo as propias receitas, e a os demais chegará xa asado e recheo de marisco.Unha oportunidade para probar este delicioso manxar da Terra Cha.

Escribir comentario

Categoria: Artigos

XUSTIZA POÉTICA

23 - Diciembre - 2005 10:08

As vendas de cava en Galicia caeron arredor dun 30 por cento, supoño que a causa do absurdo boicot declarado a este produto catalán. Parece que as botellas nas que se envasa o cava son fabricadas en Cataluña e as rollas proceden de Estremadura, así que o boicot afecta xa a tres comunidades.

Non podemos esquecer, ademais, ás empresas galegas que distribúen estes viños na nosa terra, as de transportes que nolo achegan e os comerciantes que se van quedar con viño na tenda. Total, cuspen cara arriba e cáelles na cara.

O boicot ao cava e como o da coca cola. Neste caso fódense os traballadores coruñeses da planta embotelladora de A Coruña.

No caso do cava, parece que onte a lotería fixo unha especie de xustiza poética. Unha parte, pequena ou grande, do cava afectado polo boicot seguro que se bebeu onte para celebrar o gordo e o terceiro premio da lotería de Nadal, premios que pagan tódolos que xogan o seu décimo, incluídos os promotores do boicot.

Escribir comentario

Categoria: Artigos

SEREMOS PARVOS

23 - Diciembre - 2005 10:07

Viaxo por estrada cara a Madrid e paro a comer nun restaurante ao pe dunha gasolineira. Bacallau ao pil-pil coas súas cocochas. Bastante bo.

Coa conta danme unha tarxeta na que me aseguran grandes descontos na gasolineira por ser cliente do restaurante. Como tiña que botar combustible, aproveitei o gran desconto. Total, despois de vinte e tantos euros de comida e vinte e cinco de gasóleo, descontáronme 68 céntimos. ¡Así fidelizase ao cliente!

Escribir comentario

Categoria: Artigos

COMPRAS EXÓTICAS

23 - Diciembre - 2005 10:06

Sempre que vou a Madrid e teño un tempiño, visito algún supermercado oriental ou sudaméricano para mercar o que non atopo en Galicia. Desta volta merquei:

- Salsa hoisin. Un prebe chinés de fabas coloradas que se usa, por exemplo, co pato pekinés.
- Salsa de ostras.
- Vinagre para sushi. En Santiago tamén o atopo, pero custa exactamente o triplo.
- Papel de arroz vietnamita, comestible claro.
- Aceite de sésamo.
- Olivas doces. Unha especialidade chinesa. Trátase dunhas enormes olivas de cor verde claro moi intenso. A textura é semellante á das froitas confitadas. O sabor, doce e cun toque a balorecido, non gusta a todo o mundo.
- Pomelo chinés (shaddock). Un pomelo con forma de pera que pode pesar arredor de un quilo cada peza. Sabe a pomelo, pero é doce, inda que conserva un final lixeiramente agre.
- Tomate “bola”. Un intermedio entre o tomate normal e o “raff”, con prezo tamén intermedio. Pagueino a uns tres euros o quilo, algo máis caro que os normais. O raff estaba a 8,99 euros/quilo. O tomate bola é redondo e vermello, con zonas dun verde que tira a negro e un sabor que lembra aos tomates caseiros madurados na pranta.
- Pan de bono. Unha especialidade colombiana. Pan feito con fariña de iuca e queixo.
- Pan de coco. Tamén colombiano.
- Buñuelos. Outra especialidade colombiana, tamén con queixo e fariña de iuca, pero substancialmente diferente do pan de bono.

Xa menos exóticos, pero igualmente descoñecidos para a meirande parte dos galegos, merquei “zarajos”, unha especialidade de Cuenca consistente en tripas de cordeiro enroladas facendo unha madeixa.

E regaláronme un garfo, unha culler e unha espátula de madeira. Pero non os típicos garfos, culleres e espátulas de madeira que podemos atopar en calquera comercio, dende os máis elitistas ata os de todo a cen. Non. Son utensilios de cociña feitos á man con madeira de xesta por un artesán do Bierzo. Véndeos o afiador do mercado de Santa María de la Cabeza, naturalmente un paisano galego, a dous prezos diferentes: cinco euros para os amigos, dez para o resto da clientela. Merece a pena pagalos, xa que para cociñar non hai nada mellor.

E xa me esquecía. Tamén visitei unha das poucas latonerías que quedan en Madrid, ao pe mesmo da estación de Atocha. Merquei unha bolsa de rede para cocer os garavanzos todos ben xuntiños, sen ter que andar despois á súa caza de captura pola pota. Témome que esa foi a derradeira visita a esta tenda, rexentada por un home de idade avanzada que se resiste á xubilación mentres a familia insiste en que traspase o local, que seguramente acabará convertido nun ultramarinos rexido por un chino, que é o que agora se leva na zona.

Escribir comentario

Categoria: Artigos

CAPÓNS A 30 PESETAS A PARELLA

23 - Diciembre - 2005 10:05

Escribo estas liñas no momento en que se abre ao público a Feira do Capón de Vilalba, onde a parella destes animais se pagará ben por derriba dos 100 euros, eso sin contar as mellores parellas, que poden superar fácilmente os 200.

Hai máis dun século, o 26 de decembro de 1903, La Voz de Mondoñedo informaba sobre os elevados prezos destas aves no Nadal: 30 pesetas un parella decente

Escribir comentario

Categoria: Recortes

TORTAS MILLONARIAS

21 - Diciembre - 2005 12:06

Quen ande hoxe por Tokio algo sobrado de diñeiro pode pasarse polas grandes almacenes Takashimaya, que puxeron á venda unha torta de Nadal adornada con diamantes e valorada en 200 millóns de euros, que equivalen a 1,5 millóns de euros.

Escribir comentario

Categoria: Artigos