Frei Martín Sarmiento.

Publicado en 1751Coplas 367 a 369

Xa sabemos todos
meniñas e nenos,
que cando hai finado,
hai choros, lamentos,

tamén hai pan trigo,
tamén hai carneiro;
se hai misa de enfuntos
hai ola no eido.

Por iso se dixo
que con pan son menos
os choros e dores
nos lutos e enterros.

+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731

Frei Martín Sarmiento.

Publicado en 1751Coplas 326 a 329

Todos cantos frades
íban no enterro
levaban alforxas
de lan ou de lenzo;

dizque alí botaran
viño, pan e queixo,
e mais empanadas,
e mais uns torreznos.

Eu ben vin as botas,
afellas, eu creo,
nen íban buxáns,
nen cheas de vento.

Tamén as alforzas
íban pro extremo,
mui ben ateigadas,
de ósos non creo.

+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731

Probei a tortilla de patacas chips que recomendaba José Andrés no seu programa de cociña (TVE 1 ás sete e media da tarde). Levaba un tempo feita e xa estaba fría, pero resultaba francamente deprimente: dura, amazacotada e sen ningunha cualidade que merecera a pena. Un bodrio.

Prometo probala acabadiña de facer e xa contarei esa experiencia. Sigo recomendando o programa de José Andrés, que lle da catro voltas a calquera outro semellante.+ Tortilla de patacas chips

Se pensa que bater un ovo para a tortilla ou picar pementos derriba da táboa da cociña é un ruído vostede demostra ter pouco ouvido musical. A min pasábame o mesmo ata que onte vin no telexornal un grupo participante no Festival de Música Avanzada e Arte Multimedia de Barcelona, máis coñecido como Sonar (www.sonar.es), que se celebra na capital catalana do 16 ao 18 de xuño de 2005.

O referido grupo emprega os máis diversos instrumentos e técnicas de cociña para facer música. E resulta que soaba ben.
Para min foi un descubrimento e cando cociño xa escoito os sons doutra maneira. Interesante.O caso é que busco algo máis de información sobre o tema e atopo o Festival de Música Celta de Montevideo (Uruguai) (www.festivalceltademontevideo.com.uy) que se anuncia como encontro internacional de música e gastronomía celta. Non anuncia a data deste segundo festival, que se celebrará este ano, anunciando a participación de Luar na Lubre, xunto con grupos canadenses, arxentinos e uruguaios. Tampouco ofrecen información sobre o aspecto gastronómico do festival. É o que hai.

Os restaurantes do Club Gastronómico Rías Altas organizarán as VIII Xornadas Gastronómica do Bonito, que cada ano serven para fomentar o consumo de bonito fresco no norte da provincia da Coruña. Onde se asentan os establecementos participantes. Ofrecerán bonito ao forno, en rolo, en escabeche, carpaccio de bonito, marmitako, etc.

Unha boa oportunidade de gozar dos moitos sabores dun produto de alta calidade que so visita os nosos mercados durante menos de cinco meses ao ano, e que sigue procedendo dunha pesca artesanal e respectuosa co medio.+ Xa ven o bonito que non consumiremos

Frei Martín Sarmiento.

Publicado en 1751Coplas 165 a 167

Déronlles uns caldiños
mui quentes de presto
-tamén matan caldos
cando quere Deos.

Deulle un gran salouco
fixo un gran bostezo
cando unha fechiña
chegou ao gorxeiro

O mon Dieu, mon Dieu!
falou por extremo,
quedouse en mon dieu!
morto sen remedio.

+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731

Frei Martín Sarmiento.

Publicado en 1751Coplas 112 a 128

Na praza si que houbo
de novo e de certo,
muito no verán
abondo de fresco:

Pixotas e congros,
muxes e corbelos,
melgachos e melgas,
pintos e xorelos,

panchoces e xardas,
polbos e badexos,
buraces e sollas,
escachos e reos,

robalos e raias,
curuxos e meros,
cabalas e barbos,
e mais bucareos,

de tranchos mui poucos,
rodaballos menos,
lenguados a pote
airoas sen termo.

Catro mans a branca
íban os xorelos,
de tres as xouviñas
antronte; que prezo!

Muitos caramuxos,
mexillós, cranguexos,
camarós, pecebres
ameixas a centos.

TOMASA

- Mais non vos cansedes,
Andrea, por Deos,
- Dixo; e axudoulle
Tomasa do Outeiro-

O ano foi farto,
o maíz, eu creo,
que encherá os canastros
tanto que o centeo,

O millo meúdo
e os feixóns pretos
e mais o paínzo
encherán os cestos.

Inda que o liño tivo
muito gordo, é certo,
non coubo nos lagos
o liño colleito.

Das coles, das verzas,
dos allos, dos beldros,
e mais as cebolas
foi ano mui cheo;

se ollais os nabales,
dirés que no inverno,
habrá muitos nabos,
razibas e grelos;

as viñas prometen,
xa estamos sen medo,
que habrá nas vendimias
gran falta de cestos;

na vila traballan
tantos toneleiros,
que abouxan as rúas
con tanto golpeo:

toneles e pipas
de novo fan presto,
e alimpian, remendan
os pipotes vellos.

Do viño a colleita
será sen exempro,
e seica ao chaviño
pasará o neto.

+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731

Un xornal da Coruña (El Ideal Gallego) di que coa proximidade do San Xoán as sardiñas empezan a subir de prezo, mentres os percebes, por causa da abundancia dos mesmos no mercado, baixan ata situarse arredo de 33 euros. Estupenda nova… a dos percebes.

Pola súa parte, o Diario de Pontevedra falaba días atrás de que as vendas de xouba e xurelo estaban a dispararse dende comezos de xuño.O xurelo é unha das grandes marabillas dos mares galegos, pero non reciben toda atención que merecen. Posible o baixo prezo dos mesmos sexa a causa do seu baixo prezo.

Recentemente, no transcurso dun dos Xantares literarios organizados polo Pen Clube de Galicia, neste caso no celebrado en Casa Alfredo (Mos) servíronnos un lombo de chicharro en escabeche suave que foi un dos pratos máis comentados da noite. Nin o rape nin a perdiz que seguiron a aquel chicharro recibiron os eloxios tributados ao escabeche.

En Casa Alfredo serviron uns estupendos lombos de chicharros xa grandiños, deses que en Portugal chaman “carapaus”, que non so están deliciosos en escabeche, senón tamén feitos á grella e servidos con patacas cocidas, como fan os nosos veciños do sur.

Os máis pequenos, ben fritiños, son deliciosos. Hai quen os prefire inmediatamente despois de fritos e hai a quen lle gustan máis cando xa arrefriaron. En calquera caso son un bocado exquisito que nos sabemos apreciar adecuadamente.

Os que xa se ven pouco no mercado son os grandes chicharros de trinta centímetros ou máis que miña mai preparaba no forno cando eu era neno. O prato é sinxelo de amañar e de resultado garantido.

Frítense patacas cortadas en rodas de medio centímetro de gordo e, cando están medio feitas, distribúense no fondo dunha fonte de forno. Por derriba bótanse rodaxas de cebola tamén fritidas. Despois ponse o chicharro, salgado e con catro ou cinco cortes transversais, que cheguen ata a espiña, nos que meteremos uns anacos de limón. Botase un chorro de limón por derriba do chicharro e despois algo de pan relado.

De seguido ao forno ata que o peixe estea feito. O peixe queda delicioso, pero as patacas son pura gloria.

Lendo as últimas paxinas do último libro de Vilavella, concretamente o artigo dedicado ao arroz, caio na conta de que este e un prato que non pido nunca, como non sexa que me atope nun restaurante especializado e de confianza.

Tamén caio en que os grandes especialistas en gastronomía, que traballan para revistas, diarios ou axencias de poucos problemas económicos, van dos grandes restaurantes ás casa dos gurús da cociña, e rara vez aterran nas casa de comidas onde se xunta o común dos mortais.E nestas casas de comidas e restaurantes de diario, o arroz acostuma ser un horror, que comeza duro e remata espaparruñado.

Por eso eu non o pido xamais. Prefiro lembrar cariñosamente aquela preparación feita polo meu amigo Pombo na Casela (O Valadouro). Era un engrudo tal que alguén o bautizou acertadamente como ”arroz prebetong”

Frei Martín Sarmiento.

Publicado en 1751Coplas 77 a 84

Só catro mulleres
falaron dereito;
direi os seus nomes,
son de Carballedo:

Andrea da Chouza,
a neta do cego,
vendira laitugas,
comprara cangrexos.

Un feixe de toxos
Tomasa do Outeiro
vendira na vila,
comprara xorelos.

Catuxa do Mato
landres e coellos
vendira, comprara
sal e mais pan fresco.

Comprara xoubiñas
Mariña a do Cego,
na praza vendira
xestas e codesos.

As outras que calo
alá ao seu xeito
na praza ou mercado
vendiran, eu creo

xa leite, xa herba,
xa figos, pexegos,
vasoiras, ou bruños,
xa peras, xa peros;

compraran á volta
xa olas, xa petos,
xa berberichiños,
xa peites, xa espellos.

+ Coplas 19 a 25
+ Coplas 26 a 32
+ Coplas 48 a 54
+ Coplas 77 a 84
+ Coplas 112 a 128
+ Coplas 165 a 167
+ Coplas 326 a 239
+ Coplas 367 a 369
+ Coplas 378 a 379
+ Coplas 667 a 696
+ Coplas 728 a 731


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura